Finalidade educativa
A estas alturas é moi probable que cada quen teña feito xa unha reflexión sobre a utilidade educativa das wikis. Así e todo imos facer unha serie de propostas sobre algunhas posibilidades para aportar máis elementos orientativos:
- Promover a comunicación entre estudantes dunha mesma clase:
Mediante unha
wiki, grupos de estudantes, sen estar reunidos fisicamente no
mesmo lugar, poden: intercambiar ideas, traballar en equipo, deseñar,
visualizar de xeito instantáneo o que producen... - Desenvolver habilidades de colaboración: Cando os estudantes elaboran Wikis, non só aprenden como publicar contido; ademais desenvolven habilidades de colaboración e aprenden como e cando utilizalas. Vense obrigados a cabo negociacións con outros para chegar a acordos na tarefa, a través das súas colaboracións.
- Elaborar textos: Unha wiki é un espazo ideal para
centralizar a elaboración de textos durante procesos de escritura individual ou
colectiva. O historial de cambios permite doadamente regresar a unha versión
anterior do texto; adicionalmente, cando o proceso é colectivo, a wiki permite
inserir comentarios marxinais e usar formatos para debates en torno a un tema
ou tarefa.
- Recompilar información: Os estudantes poden utilizar unha a
wiki a xeito de repositorio para reunir e ordenar diversos materiais que atopen
ao longo de investigacións encamiñadas a resolver
problemas de información. Adicionalmente, alí mesmo pódense elaborar os
primeiros borradores da análise de información que permitan aos estudantes
descompoñer os bloques de información recompilados e extraer deles unicamente o
que é útil e pertinente para a investigación que están a realizar.
- Re-elaborar libros de texto: As Wikis
posibilitan que, ao cursar unha materia, os estudantes reescriban colectivamente
o seu "libro de texto", dotándoo de sentido persoal e colectivo,
situándoo en contexto e apropiándose das ideas que conforman o núcleo das
aprendizaxes da materia.
- Enriquecer traballos en grupo: Os estudantes teñen a
posibilidade de enriquecer os seus traballos escolares con elementos multimedia:
vídeos, sons, imaxes, animacións...
- Presentar traballos: As Wikis
facilitan aos estudantes a publicación de traballos escolares (tarefas, informes,
ensaios, presentacións...) grazas á facilidade con que se crean e alimentan.
- Revisar e corrixir traballos: Poden compartir os seus
traballos escolares co docente para que este os revise e corrixa sen enredarse
con implementacións de orde técnica; isto permítelles concentrarse nos contidos
e materiais publicados.
- Crear contidos: Tanto docentes coma estudantes, sen
importar a área académica, poden crear contidos sobre temas educativos e
publicalos nunha wiki sen necesidade de instalar aplicacións ou ter
coñecementos de programación. Ademais, facilita que grupos de docentes dunha
materia determinada, pertencentes a diversas Institucións Educativas, elaboren
colectivamente recursos de aprendizaxe para os seus estudantes.
- Crear glosarios: Os estudantes poden utilizar unha
wiki para crear colectivamente o glosario de termos e conceptos clave dunha
materia.
- Elaborar documentos administrativos: Unha wiki
pode converterse nun medio de comunicación gratuíto entre a Institución Educativa
e a Comunidade Escolar. Por exemplo, manter informados aos pais e nais sobre novidades
da Institución. Isto facilítase cunha wiki pois doadamente pódese dar permisos
de publicación aos docentes ou ao persoal administrativo encargado de divulgar
a información, o que supón un aforro en custos de impresión e distribución.
- Levar a cabo proxectos colaborativos: As Wikis son unha das ferramentas máis útiles para conectar grupos de estudantes que se atopan en diferentes partes do mundo, en diferentes centros ou mesmo en diferentes aulas do mesmo centro educativo, á hora de realizar entre eles proxectos colaborativos.
Fonte: Este contido está elaborado a partir do documento “Uso educativo de los wikis”, de Juan Carlos López García, publicado por “Eduteka” baixo licenza CC (by-nc-sa)