Para crear unha wiki

Antes de construír unha wiki temos que abordar cando menos estas tres cuestións estratéxicas:

  1. Para que? A finalidade da wiki será a que lle dea forma pouco a pouco, a que animará a participación e colaboración ou non, e se cadra xa existe polo que o máis lóxico sería unirse antes que diversificar (só é preciso buscar o xeito de rexistrarse como usuario para empezar a colaborar na mesma).
  2. Con quen? Se é para o noso alumnado temos que organizar a súa participación e o proceso de formación que precisan, por doado que sexa.
  3. Onde? Hai moitos servidores que permiten a hospedaxe gratuíta de wikis. Propoñemos algúns...
    • Wikiespaces. O servidor máis utilizado no eido educativo. Actualmente só permite gratis o nivel privado, é dicir, que só os membros rexistrados poden ler e/ou editar a wiki (para facela pública hai que pagar 1 Dólar), pero o número de usuarios rexistrados é ilimitado para a licenza educativa.
    • Googlesites. Unha das aplicacións que nos facilita Google dentro do seu paquete xunto con Drive, Gmail e outras que xa temos visto nesta actividade.
    • Wikicom. Para crear wikis sinxelas e para poucos usuarios (ofrece dous espazos para cinco usuarios cada un).
    • Wikidot. Servidor de creación de wikis con oferta gratuíta para educación.
    • Wikia. Permite crear unha wiki con Mediawiki, o mesmo sistema da wikipedia, baixo rexistro.
Hai que saber que existen tamén aplicacións para descargar e instalar nos servidores locais ou nos ordenadores para crear wikis para utilizar, por exemplo, dentro dunha intranet ou rede local.