Características fundamentais
As características fundamentais que definen as wikis son:
- Poden ser editadas facilmente por calquera persoa. Non precisa de coñecementos máis alá do manexo da escritura en teclado e da navegación.
- Permiten traballar co sistema de "hipertexto", o que vai permitir ligar contidos entre si, dentro da propia wiki, e ampliar o contexto de traballo fora da mesma enlazando con outros espazos da web.
- Sempre se pode cambiar calquera contido da wiki de xeito áxil.
- A forma, a estrutura, non está definida de antemán. Podemos crear novas páxinas, enlazalas, crear menús e índices e logo calquera usuario pode modificalo e melloralo.
- Temos a posibilidade de establecer a participación dos usuarios/as de varios xeitos, e segundo nos permita o servidor onde estea hospedada: totalmente privado (só os membros autorizados poden ler e publicar, a wiki non aparece nas buscas), parcialmente privado (a wiki está publicada, e polo tanto calquera pode ler o contido, pero só os usuarios/as rexistrados e con permisos poden publicar), e tamén podemos ter a wiki aberta á participación de todo o que queira participar (o exemplo máis claro é a Wikipedia, aínda que convén saber que hai persoal que revisa e garante a calidade das entradas).
- O feito de estar construída por moitas persoas elimina o concepto de "autor".
- Existe a posibilidade de acceder á historia da revisión dun documento e cada vez que unha persoa realiza cambios nun documento, o wiki almacena as versión nova e a antiga. Desta forma pódense comparar edicións.
- Permiten contidos multimedia.
- Están en construción permanente.