Navegadores

Os navegadores de internet son programas deseñados específicamente para amosar o contido das páxinas web. Este contido variou considerablemente dende a aparición de internet, cando as páxinas eran "estáticas", so a base de ligazóns ou links, sen que o usuario tivera moitas posibilidades de interacción. Actualmente podemos facer unha chea de operacións por medio da web, polo que é preciso establecer uns estándares para garantir que, na medida do posible, as páxinas se visualicen igual con independencia do navegador utilizado. Os estándares máis seguidos son as recomendacións da World Wide Web Consortium (W3C). De todos os xeitos as páxinas web adoitan ser optimizados para determinados navegadores.

O navegador máis utilizado nun principio foi o Netscape Navigator, pero foi desaparecendo do mercado. Nos sistemas Windows o navegador dominante foi Internet Explorer, que ven preinstalado no sistema. De todos os xeitos, nos últimos anos foron aparecendo alternativas a este programa, e hoxe contamos con varios programas que realizan a función de navegación Web. Os máis importantes son, sen dúbida, Internet Explorer, Mozilla Firefox, Google Chrome, Opera e Safari (o navegador dos sistemas Apple tamén ten versión para Windows).

Son aplicacións sinxelas de utilizar e que presentan un deseño cada vez máis minimalista, só cos botóns imprescindibles.

Verémolos algo con algo máis de detalle.