Configuracións básicas

Os programas de navegación por internet veñen cuns axustes por defecto que permiten comezar a navegación pola rede en canto os instalamos; non obstante, existen apartados onde podemos definir cal será o comportamento que esperamos destas aplicacións. Son as configuracións persoais e que poden variar en función do uso que se lle dea ao ordenador (persoal ou de traballo), do número de persoas que o utilicen habitualmente (un so usuario ou compartido), etc.

Para os propósitos deste curso inicial, imos axustar tres configuracións:

  1. Establecer a nosa páxina de inicio, que é a que se abre cando executamos o programa.
  2. Definir o cartafol no que serán gardados os documentos que descarguemos.
  3. Especificar cal é a nosa política en canto ao almacenamento das contrasinais.

Existen outros moitos apartados nos que podemos remexer para personalizar o noso programa favorito, como pode ser o bloqueo de "pop-ups" ou ventás emerxentes, se queremos cargar imaxes ou non, etc. Queda ao interés e ánimo de cada quen buscar estas posibilidades,