Descrición

Nas últimas versións, todos os navegadores optaron por ofrecer un aspecto moi similar, presentando en pantalla unicamente os botóns de navegación e a caixa de enderezos. A continuación vemos unha mostra da apariencia de cada un dos navegadores.

 

Mozilla Firefox

Google Chrome

Internet Explorer 

Opera

Safari

Como vemos, o diseño é moi semellante, cos botóns de navegación "Atrás - Adiante", o botón "Home" para ir á páxina de inicio que teñamos predeterminada. e a caixa de texto para escribir o enderezo web. Igualmente, todos soportan a navegación por pestanas, que permite ter abertos varios sitios sen ter que iniciar o programa de cada vez.

En todos se pode personalizar a barra de ferramentas, entrando ao menú de opcións  e arrastrando os botóns que queiramos ter na barra de ferramentas ao seu sitio.

Internet Explorer e Safari están dispoñibles só para Windows (Safari tamén para Mac); Firefox, Chrome e Opera están dispoñibles para Windows, Linux e Mac.

  • Abre o teu navegador favorito, busca o menú de opcións e tenta personalizar a barra de ferramentas engadíndolle algún botón dos que estean dispoñibles, por exemplo o de "Home" se non o ten, e "Imprimir"