Navegadores e buscadores
A rede Wordl Wide Web e un inmenso conxunto de páxinas deseñadas para ser visualizadas nas pantallas dos ordenadores. Para poder ver correctamente as páxinas web precisamos de programas especiales, os navegadores, e para poder atopar a información que precisamos son necesarias unhas aplicacións específicas, os buscadores, que poden ser directorios, metabuscadores ou motores de busca. Nos ímonos centrar nestes últimos, dos que o máis coñecido é Google.
Nun ordenador podes ter instalados tantos navegadores como queiras, non pelexan entre eles; á fin é unha cuestión de gustos.
É importante que se aínda tedes en uso o Internet Explorer 6, de Microsoft, que é o que ven por defecto nas instalacións de Windows Xp, o actualicedes á última versión dispoñible para este sistema, a 8.
Para seguir este módulo convén ter instalados Mozilla Firefox (páxina de descarga en galego), Google Chrome (páxina de descarga), que se está convertindo nun dos navegadores máis utilizados, e en último lugar,Internet Explorer (páxina de descarga versión 8).


