Descargas

Unha das accións máis frecuentes cando navegamos pola rede é a de descargar un arquivo ao noso ordenador; é dicir traer un documento, imaxe, video... que está noutro equipo e gardalo no noso disco duro.

Unha das dificultades coas que acostuma a atoparse quen se inicia en Internet e na informática en xeral, consiste en atopar os ficheiros que descarga, polo que resulta unha boa idea especificar a carpeta na que queremos que se garde todo o que descarguemos. Faise así:


MOZILLA FIREFOX

GOOGLE CHROME

Na páxina de configuración que xa abrimos no apartado anterior eleximos a opción "Nos miolos" que aparece á esquerda, e despois:

 

Como podemos observar, en todos os casos ofrécesenos a posibilidade de elixir entre a carpeta predeterminada e outra que nós podemos decidir. Tamén podemos optar por que nos pregunte en cada descarga onde a queremos gardar. É elección de cada quen.

  • Abre o teu navegador e tenta cambiar a carpeta na que se gardarán por defecto as descargas. Fai unha descarga de comprobación.
  • Volve entrar e cambia a opción para que te pregunte onde queres gardar as descargas. Comproba o seu funcionamento.
  • Fai probas cos navegadores que teñas dispoñibles.

 

INTERNET EXPLORER

Este programa ofreceranos gardar as descargas en diferentes lugares en función do contido que descargamos.