Section outline
-
Webapp de ciencia cidadá.
Cando en clase estudamos a cantidade de auga doce do planeta dispoñible para consumo e como ano a ano esta cantidade redúcese debido á contaminación, dámonos conta da importancia de acceder a auga potable e coñecer os parámetros que a caracterizan. Seguramente nos preguntamos sobre a calidade da auga da nosa billa, ou sobre a analítica máis adecuada e a capacidade que temos, cos nosos medios de poder levala a cabo.
A ciencia cidadá e neste caso o proxecto AQUA pódennos axudar a solucionar esta cuestión.Se queres saber máis sobre a implantación práctica do proxecto en Cambre (A Coruña) pincha aquí
