Section outline

  • Presentación

    Nos últimos anos imos dando mais importancia ao feito de ofrecer aos rapaces a oportunidade de explorar o mundo, achegándose a conceptos que supoñen un reto en ciencia, enxeñería e tecnoloxía. Por iso, hai cada vez mais recursos destinados aos mestres de rapaces, recursos que foron levados á práctica na aula e que veñen acompañados de ideas e suxerencias para utilizalos na clase dunha maneira efectiva.

    As experiencias que se propoñen neste curso de formación pódense adaptar tanto aos nenos de infantil como aos da etapa primaria. Son experimentos que gustan aos rapaces, cun carácter lúdico en moitos casos, que estimulan e manteñen a súa curiosidade natural e as súas habilidades. Buscan unha ensinanza e aprendizaxe baseados na indagación, que ofrece aos nenos a oportunidade de explorar as ideas en profundidade e que precisa de mestres curiosos e formados neste estilo educativo.

    Imos coñecer as ferramentas do explorador científico. A ciencia é unha forma de entender cómo funciona o mundo. É explorar o que nos rodea dende o punto de vista científico. E para esa exploración temos que utilizar as ferramentas propias da ciencia.