
Este foi día moi especial para nós.
A nosa profe Amalia amosounos como creou, xunto coa súa filla, o album ilustrado “Soños de algodón“, un dos libros que ten publicado. A profe Lara e Amalia fixeron unha bonita contada do libro en galego e en inglés para o noso alumnado, familias e persoal sanitario que viñeron á escola.
Despois da contada de Amalia, alumnado e familias, puxéronse mans a obra para crear os seus propios libros. E saíron, en tan pouco tempo, marabillas tanto nos contos como nas ilustracións que crearon!!!
ASí que so quedou que o alumnado e familia fixeran as contadas das súas propias creacións.
Boa madeira temos na aula do Cunqueiro!!! 🤩
Podedes ver os vídeos no Instagram da escola.
Comentarios