Instalación do software necesario
Necesitamos dispoñer do xestor de arquivos Thunar. Todo usuario da contorna Xfce dispón do xestor de arquivos Thunar instalado de forma predeterminada. No caso que non o tivesen instalado terían que abrir unha terminal e executar o seguinte comando:
sudo apt-get install thunar
Unha vez dispoñemos de Thunar temos que instalar os paquetes imagemagick e zenity para que podamos executar a acción personalizada que nos permitirá redimensionar e comprimir as imaxes. Para iso nunha terminal executamos o seguinte comando:
sudo apt-get install imagemagick zenity
No cosao da maqueta corporativa, non temos que realizar este proceso por xa ten o thunar e o imagemagick
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0