Saltar navegación

Redimensionar imaxes con thunar en Xfce

Para redimensionar e comprimir imaxes por lotes existen múltiples alternativas, pero obviamente o interesante é unha solución rápida, sinxela, efectiva, que consuma poucos recursos e que ademais non precise de conexión a internet. Na contorna de escritorio XFCE,  a mellor r opción para redimensionar e comprimir imaxes é usar as accións personalizadas de Thunar.

Nota: Os usuarios do xestor de arquivos Nautilus dispoñen dun plugin interesante para redimensionar e comprimir imaxes. Este Plugin chámase Nautilus image converter e para instalalo tan só teñen que abrir unha terminal e teclear o comando sudo apt-get install nautilus-image-converter