Epoptes
Cal é a miña ip
Para saber que ip temos no noso equipo de profesor na maqueta 5.2 podemos averiguala de diferentes formas:
1.- Accedendo a Sistema >acerca da maqueta Abalar aparecerá un cadro de diálogo coa información referente ao equipo.

2.- Premendo sobre a icona de conexións co botón dereito e elixindo Información da conexión


3.- Dende o Emulador Terminal abrindo o menú de aplicativos e tecleando a seguinte orde /sbin/ifconfig devolverá a información da conexión.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0