Epoptes
Accións sobre os clientes
Sobre os clientes podemos facer unha serie de accións agrupadas nas seguintes categorías:
- Sesión
- Emisións
- Execución

- Restricións
Para realizar algunha destas accións temos que premer sobre o cliente co botón dereito e abrirase un menú contextual onde aparecerán as opcións para escollelas. Ademais das accións tamén neste menú contextual podemos eliminar clientes do grupo e cambiar o nome do cliente en Información.
Accións coa Sesión
- Iniciar o equipo
- Cerrar sesión
- Reiniciar o equipo
- Apagar o equipo.

Accións de Difusión
- Observar alumno: Mostra o que está a facer o usuario pero sen interactuar con el.
- Axudar Alumno: Mostra o que está a facer o usuario, pero permite tomar o control
do equipo. - Deter as difusión: Para todas as difusións.
Accións Executar.
- Executar: Executa unha orde ou unha URL no equipo do alumno
- Enviar mensaxe: Envía unha mensaxe ao alumno

- Abrir un terminal: Abre un terminal no equipo do profesor.
Videotutorial Accións Epoptes
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0