Paso a paso da misión
Esta actividade pode desenvolverse de 3 maneiras distintas, dependendo dos taboleiros e materiais elexidos. Todos os arquivos están na lapela "Arquivos auxiliares".
1.Prepara o taboleiro.
1a.Opción 1:Taboleiro proxectado no chan cun proxector reutilizado (Actividade luz recuperada). É opción máis sinxela, carga a imaxe do taboleiro (arquivos auxiliares) no pen drive do proxector e proxectaa sobre o chan.
1b.Opción 2:Taboleiro nunha caixa de cartón. Escolle unha caixa de zapatos ou similar e sitúa o taboleiro en tamaño A4 recortado sobre a tapa. Podes plastificalo.
1c.Opción 3:Taboleiro nunha caixa de madeira. Descarga os modelos svg da caixa e do taboleiro para cortar e grabar coa túa cortadora láser.
2.Preparas as fichas.
1a.Opción 1: Para as fichas podes recortar 16 círculos ou empregar pratos de cartón ou cortiza onde pegarás as fichas impresas e recortadas. Outra opción é deixar que o alumnado debuxe as súas propias fichas sobre o carton ou o prato.
2b.Opción 2: Imprime as 16 fichas en papel, tamén podes pegalas sobre tapas de botellas reutilizadas e limpas. Podes plastificalo todo para unha maior durabilidade.
2c.Opción 3: As 16 fichas poden ser tamén cortadas en madeira, cartón feltro ou goma eva ou feitas na impresora.
3.A xogar!
Os dous xogadores teñen 9 fichas iguais cada un (neuronas ou brotes). Sitúan todas as pezas sobre o taboleiro deixando o punto central baleiro.
O xogo comeza movendo as fichas sobre o tabolerio en horizontal, vertical ou diagonal podendo comer as fichas doutra persoa xogadora.
Gaña a persoa que consiga elimar as fichas do seu contrario.