Aproveitamos a nosa presenza na Feira de Ribadeo para acompañar aos 4 centros educativos da vila: IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, CEIP Pl. Gregorio Sanz, CEIFP Porta da Agua e CPR Pl. Sagrado Corazón e presentar esta actividade de homenaxe aos dous investigadores:
- Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago.
- Sonia Villapol Salgado, neurocientífica e investigadora do Texas Medical Center of Houston.
Nesta actividade combinamos os compoñentes neuronais cos elementos do chan.