Neuronas ou brotes verde?
Esta actividade baséase nun xogo milenario, o alquerque, un xogo para 2 xogadores e 9 pezas onde a estratexia é a clave.
Atoparemos varios tabolerios:
- Taboleiro proxectado no chan cun proxector reutilizado( Actividade luz recuperada)
- Taboleiro nunha caixa de cartón.
- Taboleiro nunha caixa de madeira.
As pezas son discos coa imaxe da neurona ou do brote verde nun chan recuperándose dun incendio.
Ao principio do xogo, os dous xogadores colocan todas as súas pezas sobre o taboleiro agás no punto central que debe quedar baleiro.
Unha vez colocadas comenza o xogo!
