A ciencia no espazo
No mes de novembro do pasado 2025 cumpríronse 25 anos de presenza humana continua a bordo da Estación Espacial Internacional, un exemplo destacado de cooperación internacional, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. Dende a chegada da primeira tripulación no ano 2000, a NASA e as entidades colaboradoras impulsaron milleiros de estudos e probas científicas destinadas, en primeiro lugar, a mellorar a exploración espacial e ,en segundo lugar, a mellorar a vida das persoas no noso planeta.
O contorno de microgravidade permitiu realizar investigacións imposibles de desenvolver na Terra, favorecendo importantes avances en diferentes campos científicos. Máis de 4.000 experimentos contribuíron a ampliar o coñecemento humano e a impulsar novas iniciativas no noso planeta.
Para conmemorar este aniversario, a NASA puxo en valor 25 descubrimentos e progresos científicos que reflicten a relevancia da estación espacial no avance da ciencia, da tecnoloxía e das futuras misións de exploración.
Neste audio da NASA (co estratega de contido, Andrés Almeida, charlando cunha investigadora, Pilar Archila) proporciona máis datos e información sobre a investigación espacial.
Por todo isto podemos afirmar que o espazo é un verdadeiro faro da ciencia!
5 Áreas e 25 liñas de investigación
ÁREA 1. Saúde e mediciña
- Cristalización de proteínas: Permitiu desenvolver tratamentos dirixidos contra a distrofia muscular e deseñar fármacos máis eficaces.
- Combate contra o cancro: Creáronse métodos para frear a proliferación de células cancerosas avaliando como a microgravedad afecta o crecemento tumoral.
- Investigación do Alzheimer e Parkinson: A contorna espacial permite estudar mellor o desenvolvemento destas enfermidades neurodegenerativas e os seus mecanismos celulares.
- Resistencia bacteriana: Estudouse a virulencia de bacterias como a salmonela para o desenvolvemento de novas vacúas.
- Enfermidades cardiovasculares: Vixilancia do envellecemento acelerado das arterias nos astronautas, achegando datos vitais para estudos na Terra.
- Optimización de ultrasóns: Desenvolvemento de equipos portátiis compactos útiles tanto no espazo como en zonas remotas ou de emerxencias terrestres.
- Sistemas de administración de fármacos: Novos métodos microscópicos para dirixir a quimioterapia.
ÁREA 2. Bioloxía e nutrición no espazo
- Cultivo de plantas no espazo: Probas con técnicas hidropónicas e aeropónicas para lograr cultivos escalables fose da Terra.
- Produción de nutrientes: Uso de microbios a bordo para producir alimentos e vitaminas esenciais en misións de longa duración.
- Secuenciación de ADN: Fito histórico que permitiu identificar microbios no espazo en tempo real, vital para diagnósticos médicos rápidos.
- Estudo da atrofia muscular e ósea: Descubrimento de mecanismos xenéticos para previr a perda de masa ósea, mellorando os tratamentos contra a osteoporose terrestre.
- Purificación de auga: Sistemas avanzados de filtración e reciclaxe de auga (ata un 98 % de recuperación) transferidos a comunidades sen acceso a auga potable.
ÁREA 3. Tecnoloxía e innovación cotiá
- Impresión 3D espacial: Demostración de fabricación de pezas de reposto e ferramentas baixo demanda, reducindo a dependencia de subministracións desde a Terra.
- Robótica espacial: Avances en robots humanoides e brazos robóticos controlados a distancia, aplicados hoxe á cirurxía de precisión e a manufactura avanzada.
- Purificadores de aire: Tecnoloxías orixinalmente deseñadas para eliminar o etileno e preservar cultivos no espazo, adaptadas para eliminar bacterias e cheiros en hospitais e fogares.
- Control de calidade do aire: Sistemas de vixilancia de microbios e contaminantes en espazos pechados.
- Luz LED para terapias: Uso de iluminación de estado sólido na EEI para o crecemento de plantas, hoxe aplicado en terapias fotodinámicas na Terra.
ÁREA 4. Ciencias Físicas e materiais
- Arrefriamento de átomos: Creación do quinto estado da materia (Condensado de Bose-Einstein) para mellorar a tecnoloxía de sensores e a computación cuántica.
- Combustión limpa: Estudos sobre como se comportan as chamas en microgravedad, o que permitiu o deseño de motores de combustión máis eficientes e ecolóxicos na Terra.
- Produción de materiais avanzados: Descubrimento de novas formas de aliaxes metálicas e cristais sen os defectos causados pola gravidade.
- Aliaxes con memoria de forma: Metais que lembran a súa forma orixinal, utilizados hoxe en día en endoprótesis e stents médicos.
ÁREA 5. Exploración espacial e futuro
- Sistema de soporte de vida: Tecnoloxías integradas de xeración de osíxeno e eliminación de dióxido de carbono que garanten a habitabilidade de tripulacións.
- Traxes espaciais: Novos deseños modulares de mobilidade superior que serán fundamentais nas futuras misións do programa Artemis.
- Xestión de microbios: Novos protocolos e materiais para evitar a corrosión da nave e protexer a saúde da tripulación.
- Estudo do po cósmico: Recompilación de datos sobre impactos de lixo espacial e po meteorítico.