Paso a paso da montaxe
Os pasos a seguir son os seguintes:
1.Imprime coa impresora 3D de Polos creativos varios xogos de letras (grandes, pequenas, peza exterior, soporte das letras e caixa da Microbit. Atoparás todas elas no apartado de arquivos auxiliares.
2.Programa a Microbit para que sexa quen de amosar nos seus leds unha das letras da palabra eclipse ao chou.
- A cada número (1-7) asigna unha letra (E, C, L, I, P S, E).
- A Microbit será axitada antes de amosala.
- Programa pausas para unha mellor visualización.
- De ter dificultades podes descargar o programa.
Para programar accede a web https://makecode.microbit.org/, podes desenvolver o código dende cero ou descargar o arquivo coa extensión hex.
3.Dependendo da idade dos minimakers pódense realizar varias actividades acompañando a explicación sinxela de como vai producirse a eclipse total de Sol:
- Amorear as letras grandes ou as pequenas para traballar a psicomotricidade.
- Debuxar e colorear a contorna das letras grandes con ceras, rotuladores ou lápis de cores.
- Debuxar e colorear as letras da peza exterior, explora líneas, curvas, formas, etc.
- Coser as letras pequenas empregando un cordón ou pauciño para traballar a motricidade fina.
- Axitar a Microbit, esta amosará unha letra ao chou da palabra eclipse, colle a letra e colócoa no soporte. Todos os minimakers teñen que pensar combinación de letras da palabra eclipse que poidan formar.
- O alumnado de maior idade pode proporcionar pistas para conseguir formar o maior número de palabras.
- Pódense inventar palabrar e darlles un sentido.
- Nun paso máis alá tapa os ollos dos minimakers cun pano escuro ou anteface para recoñecer a letra e o alfabeto Braille ao tacto.