Xogando coa eclipse
Neste reto imprimiremos varios xogos de letras (mínimo dous) en tipografía Xunta Sans e elementos que as contén. Os xogos serán impresos en varios tamaños para que os minimakers podan xogar con elas e traballar tanto a lectura, a escritura e a oralidade.
Para traballar a formación de palabras dende unha letra empregaremos unha Microbit programada cun dado que ao axitarse amosará ao chou unha das letras para iniciar o xogo.
O alumnado de maior idade pode proporcionar pistas para que o minimaker sexa quen de formar o maior número de palabras en galego, castelán, inglés ou francés.
Teremos varias modalidades de xogo en función da idade e habilidades dos minimakers: adiviñar, amorear, coser, etc.
