Competencias clave
Este reto está enmarcado na aprendizaxe dentro dos Polos creativos dos centros educativos galegos.
As competencias que se mobilizan, segundo o especificado na LOMLOE, son:
- Competencia en matemática e en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM): Resolución de problemas reais.
- Competencia en comunicación lingüística: interactuar de forma oral, escrita, signada ou multimodal de xeito coherente e adecuado en diferentes ámbitos e contextos e con diferentes propósitos comunicativos.
- Competencia plurilingue: utilizar distintas linguas, orais ou signadas, de forma apropiada e eficaz para a aprendizaxe e a comunicación.