Rolda de explicación guiada
Este sistema de autoavaliación baséase no uso simbólico de tres mans de cores (amarela, verde e vermella) para que o alumnado poida expresar de maneira rápida e visual o seu grao de comprensión, participación ou estado nesta actividade.
-Man vermella
Indica dificultade ou falta de comprensión. O alumnado utiliza esta cor cando:
- Non entende a tarefa
- Precisa axuda inmediata
- Se sente perdido ou bloqueado.
-Man amarela
Representa unha comprensión parcial ou dúbidas. Emprégase cando:
- Entende parte da actividade, pero ten algunha incerteza
- Precisa unha pequena aclaración
- Pode continuar, pero con certa inseguridade.
-Man verde
Indica comprensión e seguridade. O alumnado amosa esta cor cando:
- Entende completamente a tarefa
- Pode traballar de forma autónoma
- Mesmo está en disposición de axudar a outros compañeiros