A misión activada nesta actividade consiste en programar un pequeno robot empregando unha linguaxe de programación de bloques. Traballaremos cos bucles e a descomposición de ángulos para simular unha coroa solar completa.
O noso robotiño tamén fixo o repaso da actividade 1 e leva sempre postas as súas lentes protectoras.
Empregaremos este recurso para empezar a dar os primeiros pasos no pensamento computacional e aprender a programar un robot no Polo creativo con bloques.