A eclipse desde a Artemis II
A Misión Artemis II da Nasa foi unha fonte de investigacións e descubrimentos. Un dos sucesos máis chamativos foi a eclipse solar de case unha hora de duración cando a Lúa se situou entre a nave espacial e o Sol. As imaxes captadas polos tripulantes da misión, e compartidas pola NASA son espectaculares.
Nesta fermosa imaxe, tomada o 6 de abril de 2026, pode observarse como a coroa solar forma un halo brillante arredor da Lúa revelando detalles pouco coñecidos.
Tamén podemos observar varias estrelas grazas á escuridade reinante e varios planetas que poderian corresponderse con Venus na esquerda ou con Marte na dereita.
O que sucede nesta foto, é que a nave esta moi preto da lúa (sobre 6500 Km) e tarda en percorrer a sombra que está a xerar a lúa case 60 veces máis.