Paso a paso da montaxe
Os pasos a seguir son os seguintes:
1. Planifica a división da circunferencia en partes iguais, nesta proposta está feita en 12 partes iguais con ángulos de 30 graos. A Lúa está situada na parte central e os raios do Sol estarán todo ao redor dela. Podes recortala dunha imaxe escalada da foto da Artemis II.
2. Imprime as pezas que forman a parte dianteira das lentes e os tixolos encaixables coa túa impresora 3D dos Polos creativos. Podes atopar todos os arquivos na sección de "Arquivos auxiliares".
3. Constrúe cunha caixa reciclada de cartón fino a montura das lentes, deixa un anaco para a pantalla empregando unhas tesoiras o un coitelo de precisión con coidado. Neste caso empregamos unha caixa de cápsulas de café.
Lembra empregar a fórmula para calcular un perímetro e logo engadir uns centímetros máis para poder unir a estrutura creada.
4. Monta un sistema de teledetección coas pezas encaixables; poden empregarse tamén pezas compatibles dos Lego. Podes crear a túa antena facendo un deseño en Tinkercad ou adaptando algunha peza libre.
5.Programa o robot empregando os bloques para lembrar poñer as lentes e logo executando as ordes para realizar os raios do Sol cada 30 graos por exemplo.
No caso de ter dificultades descarga o arquivo de programación no apartado de arquivos auxiliares.