Paso a paso da montaxe
Os pasos a seguir son os seguintes:
1. Imprime as cartas das capas do Sol: son 16 para cada equipo, 8 coas ilustracións das capas e 8 co nome das mesmas. Primeiro, temos que emparellalas correctamente. Podes plastificalas para unha maior durabilidade.
2. Imprime as pezas do taboleiro: podes poñelas nun transparente ou sobre unha superficie lisa ou no chan. Tamén podes plastificalas.
Reparteas como consideres máis oportuno. Tes varias opcións ou modalidades de viaxe:
- Desordeadas.
- Do exterior ao interior do Sol, da capa externa á máis interna.
- Do interior ao exterior do Sol, da capa interna á máis externa.
3. Imprime as lentes do robot antes de que inicie a travesía: para poñelas, consegue unha cinta elástica e cose os extremos, asegurándoas. Coloca ben o filtro solar nelas, pois representará o elemento protector.
Podes atopar todos os arquivos na sección de "Arquivos auxiliares".
4. Programa o robot seguindo a orde das cartas para executar a misión de recoñecemento. En cada pulsación de avance ou retroceso, o robot acada unha distancia de 154 cm. Podes programar todas as posicións e logo darlle ao boton "go".
Os comandos son:
Lembra que o robot pode almacenar ata 250 comandos.
- Cada comando "para adiante" e "para atrás" fará que E.a.R.L se mova un paso de 15 cm. Os botóns de xiro á esquerda e á dereita farán que E.a.R.L xire 90° no lugar. O botón de pausa insire unha breve pausa no programa.
- Cando se preme o botón "GO", E.a.R.L executará cada comando da secuencia en orde. Hai unha pequena pausa e son ao final de cada paso.
- Para deter o programa en calquera momento, só tes que premer o botón "X". Premer de novo o botón "X" borrará a memoria.
- As teclas de efectos de luz e son pódense utilizar para ampliar as oportunidades de aprendizaxe e darlle pistas ao alumnado sobre do progreso da E.a.R.L a través dunha secuencia.