As capas da nosa estrela
O Sol é unha estrela de gran tamaño que está no centro do noso sistema solar. É moi importante para nós porque nos dá luz e calor, e grazas a el pode existir a vida na Terra.
Está composto principalmente por gases moi quentes, sobre todo hidróxeno e helio. No seu interior prodúcese moita enerxía, que despois chega ata nós en forma de luz e calor.
A súa temperatura, no exterior, pode sobrepasar os 5.000 graos centígrados, aumentando cara ao interior.
Podes explorar o seu movemento neste elemento interactivo da NASA.
Aínda que o vemos como unha bóla brillante, o Sol ten varias partes ou capas:
- Núcleo: é a parte central do Sol, onde ten lugar a fusión nuclear, é dicir, a transformación do hidróxeno en helio, proceso que xera a súa enerxía.
- Zona radiante: nesta capa a enerxía desprázase cara ao exterior en forma de fotóns.
- Zona convectiva: aquí o plasma quente ascende mentres o máis frío descende, permitindo o transporte de enerxía.
- Fotosfera: é a capa máis baixa da atmosfera solar e a superficie visible do Sol.
- Cromosfera: sitúase por riba da fotosfera e pode observarse durante as eclipses solares.
- Coroa: é a atmosfera externa do Sol, esténdese ao longo de millóns de quilómetros e é a capa máis quente e menos densa.
- Heliosfera: trátase dunha especie de “burbulla” de plasma e vento solar que envolve todo o sistema solar, creada pola emisión de partículas do Sol.
Tocar o Sol
A sonda Solar Probe é unha das misións máis coñecidas da NASA, pois son os nosos ollos fronte ao Sol. Na súa viaxe recopila medicións e imaxes que permiten ter multitude de datos que melloran o noso coñecemento da súa orixe e da súa evolución.
Explora esta sonda neste simulador da NASA.
As súas características son:
- Tipo de Sonda: Orbitador
- Lanzamento: 12 de agosto de 2018
- Obxectivo: Explorar o Sol
- Estado: Misión principal en curso.