A programación proposta é analóxica, pulsando os botóns do robot (adiante, atrás, dereita e esquerda) e, unha vez dominada, pódese pasar ao seguinte nivel experimentando cunha linguaxe de programación con bloques.
Lembra que, para obter o teu certificado astronómico como guía oficial da eclipse, precisas documentar ben esta actividade e compartila no espazo Polos creativos da páxina web do centro.
A superación deste reto equivale á Misión 2 do teu certificado.
Unha vez teñas superadas as dúas misións propostas, conseguirás o teu certificado astronómico.