Explorar o Sol é un reto cheo de aspectos técnicos complicados dada a distancia, o vento solar, a radiación e a temperatura.
Non temos a sonda Solar Probe pero no Polo creativo atopamos un pequeno robot que pode programarse en varias linguaxes. Neste caso, imos comezar polo nivel máis básico. Nesta primeira etapa, organízanse as ordes cun xogo de cartas e logo transmítense ao robot pulsando os seus botóns de cores.
O noso robotiño xa fixo o repaso da Actividade 1 e leva sempre postas as súas lentes protectoras.
Empregarás este recurso para empezar a dar os primeiros pasos no pensamento computacional e aprender a programar, analoxicamente, cun robot de chan no Polo creativo.