A clave é practicar
Faite co kit de electricidade básica ou o kit de circuítos de papel, revisa as indicación das fichas propostas e crea un primeiro circuíto básico. Pensa como tes que colocar a pila, o led e como ese interruptor ten que mandar nese pequeno circuíto.

Lembra que estamos a falar dunha conexión dos elementos eléctricos en serie.
Unha vez teñas practicado coas diferentes fichas do kit, imos centrarnos no circuíto da nosa maqueta.
Para iso, tes que escoller esta sinxela ficha que vai axudarche a acardar con éxito a montaxe:

Podemos representar o circuíto cun esquema eléctrico empregando os símbolos universais:

A correspondencia entre o debuxo ou ilustración e o seu símbolo é esta:

Unha vez dominados os circuítos do kit, podemos voltar ao reto e dar vida á nosa maqueta.
Segue as indicación da guía "paso a paso" para logralo.
No circuíto da maqueta, imos empregar unha pila de botón de baixo voltaxe (3V), polo que non precisaremos da resistencia. Este elemento limita o paso de corrente e impide que o led sufra danos.
Este será o aspecto do circuito real.

Cando traballas con diodos LED, é importante lembrar que son elementos polarizados. Que quere dicir isto?
Estes elementos teñen dous polos (un positvo e un negativo) e conducen a corrente nun único sentido. Lembra colocalo sempre correctamente ou non emitirá luz.
- Parte positiva-pata longa
- Parte negativa-pata curta