A maqueta
A nosa maqueta incluirá:
- Unha pila de botón.
- Un diodo LED que representa a radiación procedente do Sol.
- Un interruptor.
- Cables eléctricos.
- Conexión retráctil (sen soldar).
- Pequenas pezas fabricadas na impresora 3D e que representan aos nosos corpos celestes: Sol, Terra e Lúa. Tamén una base onde van fixos e apoiados todos eles.
É una maqueta estática, unha representación ideal do que vai ocurrir e que poderemos soster na nosa man para ensinar, a outros compañeiros e compañeiras do centro e familias, o que vai suceder o día E. Cada elemento da maqueta ten a súa función:
- A pila proporciona a enerxía necesaria ao circuito.
- O diodo LED transforma a enerxía eléctrica da pila en luz (sería a fonte emisora dos hipotéticos raios solares).
- O interruptor controla o paso da corrente, abrindo e pechando o circuito.
- Os cables eléctricos conducen a corrente dende a pila ata os outros elementos (receptores).
- A conexión retráctil permite illar os cables e que non haxa curtocircuitos.
- As pequenas pezas son os nosos principais actores.
Nos vas precisar grandes ferramentas para a montaxe do modelo: cos alicates da impresora e un emprego supervisado dun chisqueiro crearás un gran produto.
Solicita axuda ao teu docente para poñer en marcha a impresora 3D e lembra as medidas de seguridade cando esta máquina inicie a impresión.
Tamén é importante revisar o estado do filamento e da cama. Todas as máquinas de prototipado do Polo creativo teñen que estar limpas e preparadas para o traballo.