Pode haber unha eclipse todos os meses do ano?
A eclipse total de Sol do vindeiro mes de agosto do 2026 vai ser una xornada moi especial para toda a comunidade escolar. Un acontecemento único e irrepetible nas nosas vidas e que, ademáis, imos poder observalo a simple vista.
Aínda que a Lúa xira arredor da Terra tódolos meses, as eclipses de Sol non se producen cada vez que hai Lúa nova. Sería ideal poder ter unha eclipse tódolos meses do ano pero temos una xustificación matemática para que non sexa así. A eclipse total de sol ocorre porque a órbita da Lúa está lixeiramente inclinada (uns 4-5 graos) respecto ao plano no que a Terra xira arredor do Sol. Debido a esta inclinación, a maioría das veces, a Lúa pasa un pouco por riba ou por debaixo do Sol no ceo e non o tapa no seu tránsito polo espazo.
Só cando o Sol, a Terra e a Lúa se aliñan preto dos puntos onde se cruzan esas órbitas, é posible que a Lúa cubra o Sol e se produza unha eclipse total como o que teremos a ocasión de gozar en agosto. Imos estar moi preparados para iso pero, namentres, teremos que seguir argallando no Polo creativo para entender cal é o mecanismo celeste que existe detrás deste gran evento natural.
Eclipse solar total
Cando se produza a eclipse total de agosto poderemos observar unha secuencia e movemento progresivo da Lúa. O noso satélite irá tapando, pouco a pouco, o Sol, ata localizarse nunha superposición completa. Neste momento, só se observará un círculo de cor escura (a Lúa) tapando por completo o Sol.
Este intre máxico ten unha duración moi limitada xa que estamos a falar dun minuto, aproximadamente.
Curiosidades das eclipses
Entre catro e sete veces ao ano, a Terra, a Lúa e o noso Sol, alíñanse á perfección para crear o espectáculo de sombras a escala cósmica que coñecemos como eclipses. Pero, ollo! Non sempre estes fenómenos son solares e non sempre totais.
A órbita da Lúa arredor da Terra está inclinada en relación coa órbita da Terra arredor do Sol, como xa comentábamos antes. Esta pequena inclinación é a razón pola que temos eclipses, de cando en vez, en lugar de ter eclipses tódolos meses do ano.