Saltar navegación

1.3 CP e multiculturalidade: un camiño á lectura

A LOMLOE concibe o plurilingüismo como unha competencia funcional e culturalmente rica, orientada á cidadanía global e á valoración das linguas como instrumentos de inclusión. A CP está estreitamente ligada á competencia pluricultural, entendida como a capacidade de participar en contextos interculturais grazas ao coñecemento de diversas linguas e culturas. Ambas as dúas foron incorporadas ao MCER-L.

Ser pluricultural implica respecto e empatía cara a diferentes contextos culturais, así como unha actitude reflexiva respecto ás linguas propias e alleas. A LOMLOE vincula esta competencia coa multiculturalidade mediante a competencia cidadá e a conciencia e expresións culturais.

Segundo López e de la Maya (2021), un sistema educativo plurilingüe fomenta a mediación entre linguas e culturas e un enfoque integrado da didáctica das linguas. A lectura constitúe unha ferramenta clave para acceder a outras realidades culturais e cuestionar prexuízos e estereotipos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)