Saltar la navegación

5. Concrecións metodolóxicas

MODELOS METODOLÓXICOS



  • Modelo Experiencial: a explicación dos contidos será sempre co alumnado en contacto co ordenador. O profesor ou profesora guiará ao alumnado na aprendizaxe dos distintos procedementos.

  • Traballo por Tarefas: unirase a aprendizaxe dos distintos conceptos das distintas unidades didácticas á práctica dos distintos procedementos aprendidos. Deste xeito será o alumno o que aprenda a utilizar as distintas ferramentas utilizadas no curso, para adquirir información e coñecemento. Ademais, a metodoloxía empregada promoverá que o alumnado transmita esta información adquirida utilizando tamén as distintas ferramentas utilizadas.



PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

  • Actividade e experimentación.

  • Participación.

  • Personalización.

  • Significatividade.

  • Funcionalidade.

AGRUPAMENTOS

  • Tarefas individuais: A meirande parte das tarefas realizaránse de xeito individual.

  • Tarefas en pequenos grupos: Algunhas das tarefas realizaránse en pequenos grupos para mellorar a capacidade de comunicación entre o alumnado a hora de traballar. Nestas tarefas potenciarase a utilización de ferramentas dixitais para traballo cooperativo.

Tendo en conta a Orde 3,5/2020, do 22 de abril, do Ministerio de Educacion e Formacion Profesional, pola que se establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019/2020 e o inicio do curso 2020/2021 e, en relacion coa metodoloxía didactica, os recursos dixitais serán de utilizacion preferente e as actividades educativas deseñadas poderanse desenvolver de forma presencial e non presencial, tal e como vén sendo práctica habitual do equipo docente do departamento de Tecnoloxía.

É por iso, que o desenvolvemento dos contidos das materias de Tecnoloxía vai intimamente ligado ao emprego de plataformas virtuais (principalmente a Aula Virtual do instituto), onde os alumnos teñen diverso material á súa disposición e que, ademáis, funcionan como medio para realizar e entregar diversas tarefas e probas.

 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: eXe Translations POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-05-06 21:19+0200Last-Translator: Juan Rafael Fernández Language: esLanguage-Team: Spanish Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0