Saltar la navegación

10. Medidas de atención á diversidade

As medidas de atención á diversidade establecen axuda educativa personalizada como un garante da igualdade de oportunidades para todos os alumnos e alumnas. Esta atención personalizada pode realizarse para a maioría do alumnado no transcurrir habitual das actuacións pedagóxicas e debe atender a diversidade de intereses, motivación e capacidade dos alumnos e alumnas. Sen embargo, en ocasións, as necesidades educativas de certos de eles demandan un plan de atención que inclúa actuacións tanto de carácter curricular como organizativo.

Medidas curriculares:

  1. Adaptacións curriculares individualizadas, para alumnos que necesiten algunha modificación no tratamento pedagóxico que se ofrece ó grupo en xeral. A adaptación curricular modifica un ou varios dos elementos que configuran a programación de aula, tanto as actividades de ensinanza- aprendizaje e de avaliación como os contidos e obxectivos. As modificacións poden ser únicamente en canto á temporalización, adaptando o tempo previsto para a consecución de obxectivos que son os mesmos que ós do resto dos alumnos, ou ben optar pola priorización dalgún elemento curricular, modificando algúns obxectivos ou contidos.
  2. Reforzos educativos, para alumnos e alumnas con certas deficiencias de aprendizaxe, de nivel de coñecementos previos ou de motivación.
  3. Avaliación inicial, para determinar o nivel de coñecementos previos do alumnado, as súas aptitudes, capacidades e intereses.
  4. Seguemento persoal do alumno ou alumna, do seu nivel de coñecementos, traballo persoal, evolución e grao de responsabilidade e motivación, que permite, en colaboración có grupo de profesores, o deseño de estratexias de actuación con cada un deles.
  5. Relación coas familias, a través de reunións que permitan obter o maior coñecemento posible do alumnado e establecer actuacións coordinadas entre a familia e o centro.

Medidas organizativas.-

Moitas das medidas de atención á diversidade teñen implicación directa na organización da aula, como é o caso dos apoios o reforzos educativos, que necesitan a presencia, previa , simultánea ou posterior dun profesor de apoio diferente do profesor que imparte a asignatura.

A atención á diversidade permite tamén establecer agrupamentos flexibles dentro da aula para levar a cabo certas actividades.

Hai que salientar que en materias cunha compoñente práctica tan destacada, como é o caso de Tecnoloxía, grupos de alumnos reducidos permiten a realización de tarefas informáticas ou de taller de forma más eficiente, así como atender máis específicamente á diversidade.

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: eXe Translations POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-05-06 21:19+0200Last-Translator: Juan Rafael Fernández Language: esLanguage-Team: Spanish Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0