TIC_ESO
6. Materiais e recursos
Aula de informática con software específico referente a ofimática, edición de imaxes, son, etc.
Materiais de elaboración propia e/ou de libre uso que se atopen dispoñibles na rede.
O alumnado pode descargar os materiais curriculares postos á súa disposición no correspondente curso na Aula Virtual do centro.
O mantemento da aula de informática é responsabilidade de todos, polo que se emprega un certo tempo en comprobar que non haxa incidencias previas (mediante a anotación nun parte diario), así como en apagar os equipos con seguridade.
Licencia: dominio público