5. Concreccións metodolóxicas
MODELOS METODOLÓXICOS
-
Modelo Experiencial: a explicación dos contidos será sempre co alumnado en contacto co ordenador. O profesor ou profesora guiará ao alumnado na aprendizaxe dos distintos procedementos.
-
Traballo por Tarefas: unirase a aprendizaxe dos distintos conceptos das distintas unidades didácticas á práctica dos distintos procedementos aprendidos. Deste xeito será o alumno o que aprenda a utilizar as distintas ferramentas utilizadas no curso, para adquirir información e coñecemento. Ademais, a metodoloxía empregada promoverá que o alumnado transmita esta información adquirida utilizando tamén as distintas ferramentas utilizadas.
PRINCIPIOS METODOLÓXICOS
-
Actividade e experimentación.
-
Participación.
-
Personalización.
-
Significatividade.
-
Funcionalidade.
AGRUPAMENTOS
-
Tarefas individuais: A meirande parte das tarefas realizaránse de xeito individual.
-
Tarefas en pequenos grupos: Algunhas das tarefas realizaránse en pequenos grupos para mellorar a capacidade de comunicación entre o alumnado a hora de traballar. Nestas tarefas potenciarase a utilización de ferramentas dixitais para traballo cooperativo.
Tendo en conta a Orde 3,5/2020, do 22 de abril, do Ministerio de Educacion e Formacion Profesional, pola que se establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019/2020 e o inicio do curso 2020/2021 e, en relacion coa metodoloxía didactica, os recursos dixitais serán de utilizacion preferente e as actividades educativas deseñadas poderanse desenvolver de forma presencial e non presencial, tal e como vén sendo práctica habitual do equipo docente do departamento de Tecnoloxía.
É por iso, que o desenvolvemento dos contidos das materias de Tecnoloxía vai intimamente ligado ao emprego de plataformas virtuais (principalmente a Aula Virtual do instituto), onde os alumnos teñen diverso material á súa disposición e que, ademáis, funcionan como medio para realizar e entregar diversas tarefas e probas.
Licencia: dominio público