10. Medidas de atención á diversidade
As medidas de atención á diversidade establecen axuda educativa personalizada como un garante da igualdade de oportunidades para todos os alumnos e alumnas. Esta atención personalizada pode realizarse para a maioría do alumnado no transcurrir habitual das actuacións pedagóxicas e debe atender a diversidade de intereses, motivación e capacidade dos alumnos e alumnas. Sen embargo, en ocasións, as necesidades educativas de certos de eles demandan un plan de atención que inclúa actuacións tanto de carácter curricular como organizativo.
Medidas curriculares:
- Adaptacións curriculares individualizadas, para alumnos que necesiten algunha modificación no tratamento pedagóxico que se ofrece ó grupo en xeral. A adaptación curricular modifica un ou varios dos elementos que configuran a programación de aula, tanto as actividades de ensinanza- aprendizaje e de avaliación como os contidos e obxectivos. As modificacións poden ser únicamente en canto á temporalización, adaptando o tempo previsto para a consecución de obxectivos que son os mesmos que ós do resto dos alumnos, ou ben optar pola priorización dalgún elemento curricular, modificando algúns obxectivos ou contidos.
- Reforzos educativos, para alumnos e alumnas con certas deficiencias de aprendizaxe, de nivel de coñecementos previos ou de motivación.
- Avaliación inicial, para determinar o nivel de coñecementos previos do alumnado, as súas aptitudes, capacidades e intereses.
- Seguimento persoal do alumno ou alumna, do seu nivel de coñecementos, traballo persoal, evolución e grao de responsabilidade e motivación, que permite, en colaboración có grupo de profesores, o deseño de estratexias de actuación con cada un deles.
- Relación coas familias, a través de reunións periódicas que permitan obter o maior coñecemento posible do alumnado e establecer actuacións coordinadas entre a familia e o centro.
Medidas organizativas.-
Moitas das medidas de atención á diversidade teñen implicación directa na organización da aula, como é o caso dos apoios o reforzos educativos, que necesitan a presencia, previa , simultánea ou posterior dun profesor de apoio diferente do profesor que imparte a asignatura.
No caso da materia TIC, unha forma de ter en conta a diversidade con máis eficiencia consiste en elaborar grupos de alumnos o máis pequenos posible, onde a realización de tarefas individuais ou grupais pode ser atendida de forma máis específica.
Licencia: dominio público