Section outline
-
-
-
PROPOSTA
Realizaremos unha primeira tarefa, que consistirá nunha primeira práctica de baleirado con plastilina e molde de barro. Non traballaremos a molde perdido, polo que poderemos reproducir a peza que queramos realizar.
- Tomaremos un obxecto a escoller libremente, sempre que non sexa dañino ou de carácter inapropiado.
- Realizaremos o molde en barro.
- Realizaremos o baleirado con plastilina.
A segunda tarefa, a continuación desta primeira, consistirá en crear, incluindo a peza anterior, unha serie que funcione coma poema visual tridimensional (aquí un exemplo).
É posible escoller técnica, materiais e tema (sempre que sexa respectuoso e axeitado á tarefa), mais ningunha das dimensións da serie final poderá exceder de 40 mm.
Data de entrega: 28 de maio de 2024. A entrega inclúe:
- Peza final.
- Dossier completo (incluida documentación de bosquexo, croquis e peza)
- Cuadrante de actividade grupal