Section outline
-
-
Proposta
Galicia ten unha longa e grande tradición de talla e tamén de elaboración de xabón. Por grupos de 4 a 6 persoas, realizaremos unha obra de talla de xabón, que reflicta esta tradición no traballo e no material, mais de tema libre, sempre que sexa respectuoso.
A entrega final da obra inclúe:
- Bosquexo e croquis.
- Vistas diédricas e axonométrica (isométrica con coeficiente de redución de 0,816 ou cabaleira normalizada con coeficiente de redución 0,5 no eixo y) OU maqueta da peza a elaborar.
- Peza finalizada de talla de xabón de bulto redondo, malia que pode incluir relevos, con dimensións máximas 40 cm. x 40 cm. x 40 cm.. A peza debe manter unha coherencia en materiais, contido e forma co tema escollido e, en materiais, coa tradición galega de talla e xabón.
- Dossier completo.
- Cuadrante de actividade grupal (un por SESIÓN). Pode ser escrito a man.
Entrega: 3 de maio de 2024


-
Dos escultores citados nesta escolma, reparade en que, de xeito maioritario, traballaron ou traballan a talla nalgún material:
- Madeira
- Pedra (mármore, granito, pórfido, etc.)
Antonio Faílde, Francisco Asorey, Caxigueiro, Silverio Rivas, son algúns nomes destacados.