Fases e tarefas do dó

Aínda que algúns autores sinalan varias fases polas que atravesa o dó, convén recordar que non é o tempo, variable dunhas persoas a outras, o que mellora ao suxeito, senón os procesos reorganizativos que este leva a cabo, os cales non son instantáneos, pola contra poden dilatarse máis ou menos, con avances e retrocesos ata lograr un novo estadio adaptativo.
Evitar o dó, hibernalo ou disimulalo pode dar lugar a serios problemas no posterior vivir. Realizar o dó é emprender as tarefas de adaptación á nova situación.

Primeira:  

Aceptar que a perda é real. A aceptación ten que producirse no plano vivencial e non só do coñecemento, Hai que ter presente que o feito de posuír un bo desenvolvemento intelectual non garante unha mellor capacidade adaptativa. Concretamente o fomento da intelixencia emocional é deficitario no noso sistema de formación.

Segunda:

Recoñecemento dos sentimentos e emocións, expresalos con palabras aos demais. A discontinuidade temporal que se mencionou antes pode ata facer que a persoa vexa afectada a súa propia identidade, é un anaco de se mesma o que perdeu. A narración do experimentado axuda a dotar de sentido ao sucedido, réstalle algo do seu carácter tráxico e articula a conciencia de si propiciada pola procura da coherencia narrativa.

Terceira:  

Afrontar os cambios que no día a día produce esa perda, desde a asunción dalgúns dos roles que viña desempeñando esa persoa a xerar novos patróns de actuación para o que pode necesitar desenvolver outras habilidades. As dificultades para liquidar estes problemas acrecenta a súa sensación de vulnerabilidade. Cando a resolución é positiva o suxeito vai mellorar a súa autoestima e sentirse máis seguro. Ao final dun proceso de duelo ben resolto e a pesar do sufrimento que comporta, o individuo pode sentir haberse enriquecido como persoa.

Cuarta:

Aprender a vivir coa ausencia de quen faleceu, o que non é igual a esquecelo, obxectivo imposible e indesexable, senón a construír unha nova relación con quen xa non está, a morte de alguén ao que se quere non pecha a relación con el, por iso é necesario resituar emocionalmente ao defunto de modo que podamos continuar coa nosa traxectoria e establecer unha relación baseada no recordo e o legado da súa vida.

 


 "... Vexo unha correlación importante entre a sociedade individualista e a morte, e entre as sociedades relacionais e os mortos..."

 Roberto DaMatta, antropólogo


.

 

 

inicio

q PERDA E DÓ

q A comunicación de perdas

q Fases e tarefas do dó

q Sintomas e conductas asociadas ao dó

q Cousas que axudan

q Que non facer fronte ao dó dos outros

q Escoita activa

q Peculiaridades do dó na infancia

q Peculiaridades do dó adolescente

 

 

 

Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM