Cousas que axudan (Adaptado de Guía del duelo):

Ler e informarse sobre o duelo e o que sente.

Recoñecerse o dereito a estar en duelo, identificar os sentimentos que o acompañan.

Crear rutinas e tarefas que lle abran ao mundo cotián e favorezan a relación con xente.

Aprender a gozar e sentir pracer aínda que non se poida compartir coa persoa falecida.

Desafogarse cos demais, na medida do posible con distintas persoas para non xerar sobrecarga nunha soa que poida sentirse desbordada.
Non tomar decisións importantes, nas primeiras fases, por exemplo as referidas a cambios de domicilio ou de traballo, darse previamente tempo de reflexión e recuperación.
Pode ser bo construír unha caixa de recordos. Non desfacerse inmediatamente dos mesmos nin converter as súas cousas e espazos nunha especie de santuario reservado. Revisar gradualmente os obxectos e recordos que teñan maior carga emocional e sexan máis dolorosos.
Manter contacto coa natureza e paseos ao aire libre.
Ante datas sinaladas como Nadais ou aniversarios tomar medidas anticipadas pensando como pode pasalo mellor, falándoo antes con alguén que pode orientar e axudar.
Escribir un diario, libro de experiencias, cartas de despedida. Traspasar a narración, a palabras a amálgama de emocións e sentimentos que presionan no interior.

 



 



 "... Vexo unha correlación importante entre a sociedade individualista e a morte, e entre as sociedades relacionais e os mortos..."

 Roberto DaMatta, antropólogo


.

 

 

inicio

q PERDA E DÓ

q A comunicación de perdas

q Fases e tarefas do dó

q Sintomas e conductas asociadas ao dó

q Cousas que axudan

q Que non facer fronte ao dó dos outros

q Escoita activa

q Peculiaridades do dó na infancia

q Peculiaridades do dó adolescente

 

Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM