Perda e dó. Que non facer fronte ao dó dos outros.
O QUE NON SE DEBE FACER PARA AXUDAR A QUEN ESTÁ EN DÓ1
|
|
Ante o dó alleo
|
|
Non ...
|
... impedir que exprese os seus sentimentos aínda que non coincidan co que nós consideramos axeitados para esa circunstancia. Toda a fraseoloxía inhibidora "tes que ser forte", "non penses máis niso", "pensa nos demais", "non sepreocupe" non fai máis que crear anoxo e desazón ao ver que non cumpre coas espectativas sociais.
|
| Non ...
|
... cambiar de tema nin escapar cando a persoa aflixida mostra a súa dor, tristeza, rabia, frustración, soidade ... Pola contra seguir aí e se é posible ofrecerlle o noso contacto físico.
|
| Non ...
|
...erixirse n@ expert@ dicindo á persoa que sufriu a perda o que ten que facer.
|
| Non ...
|
... dar por suposto que se coñece o que sofre, xa que cada persoa ten formas propias de experimentar a dor, polo que é mellor substituír "sei como te sentes" por "entendo que debes sentirte mal, desafogate."
|
| Non ...
|
... esperar a que o/a doente pida axuda aínda que se lle ofrecera. Nesas condicións non vai ser quen de responder ante ofrecementos indefinidos.
|
| Non ...
|
... decirlle que o "o tempo curao todo". O tempo ten para nós, en canto suxeitos, un transcorrer subxectivo que se fai máis lento canto peor o pasamos e máis rápido cando nos vai ben, polo que neses momentos sumamente dolorosos a persoa non verá avanzar o tempo que o percibirá como detido. Doutra banda o que "cura" non é o paso do tempo mesmo, senón as tarefas terapéuticas que nese período a persoa realizará para readaptarse.
É máis o traballo de dó ten ritmos diferntes dun individuo a outro e non debemos impor prazos estandarizados.
|
| Non ...
|
... distraer á persoa de forma sistemática de modo que non poida elaborar o dó, as tarefas de readaptación. Pode ser bo dirixir a súa atención cara a outras cousas fóra do seu problema pero non cando se fai de modo constante e impídeselle o acceso a todo o que poida recordarlle o loito, aflición, perda, ata a información sobre os procesos de dó.
|
| Non ...
|
... illar á pesoa do seu contexto familiar ou fomentar as indiposicións no seu seo nuhas circunstancias xa de por si cheas de tesións. A counicación intrafamiliar é un dos instrumentos máis efectivos na superación do dó.
|
| Non ...
|
... considerar rematado o dó antes de que o faga o suxeito afectado. Dado que os procesos de dó adoitan ser longos as pesoas que rodean ao doente acaban por cansarse e cesan nos seus esforzos desentendéndose do deudo ao crer que xa pasou tempo dabondo e mesmo desaconsellan seguir co grupo de terapia de dó. Só o/a doente sabe cando ten superado o dó.
|
1 Adaptado de Jorge Montoya "Aspectos incipientes y apuntes de farmacología en duelo" en Tratando... el poceso e duelo y de morir
|
"Detesto os lugares comúns. Son unha especie de outlets da intelixencia nos que se compran imitacións do pensamento a prezos máis baratos."
Nuno Lobo Antunes, neurooncólogo pediátrico.
"O día do enterro a xente envórcase en ti. Pero despois deaparece. Ti recórdaslles que a morte existe. E teñen medo "
Recollido dun informante por Ramón Bayés, profesor da UAB e psicólogo da saúde.
|
-
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM