Foro MEDITA

A morte e a sociedade

Re: A morte e a sociedade

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 8

Como ben di marga, mudar as costumes da sociedade é algo, máis que dificil, lento. Ao fin e o cabo, cada sociedade  leva formándose xa dende o principio da humanidade. A relixión non é algo que se creara así, dun día para outro, senon que precisou dun longo período de evolución, e isto remontase ao inicio da nosa existencia, cando os primeiros humanos comezaron a preguntarse acerca do mundo. Destes tempos remontanse tamen os primeiros ritos funerarios, ainda que non creo que neses tempos condicionase tanto a vida dos que continuan vivindo, non este machismo do que falabamos é máis ben recente, e aínda que soe raro, as funerarias viven destes ritos

Son perxudiciais estes ritos? Non, os ritos en si non, pois moita xente afundirase se non puidera evadirse ao atender a toda a xente que acudira a darlle animo, ainda que estes non sentisen nin o mais minimo a morte da persoa. Pero e toda a demais maioría que aborrece estes rituais? Vense obrigados a facer unha cerimonia, cuxa funcion é axudar a xente, pero que a eles lles causara malestar. É enton a súa imposicion o máis pernicioso. É lóxico que se alguén morre, os familiares máis cercanos se xunten para axudarse mutuamente, estes non precisan que se lles "obrigue" a ir, pois suponse que eles mesmos teran a iniciativa; pero de ahi a que vaia todo o pobo e os alrededores, a que teña que estar exposto no velatorio ou simplemente a mercar a tumba.

Re: A morte e a sociedade por Usuario eliminado -