Foro IMAXINA

Imaxina que...

Re: Imaxina que...

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 4
É un tema que falei moito cos meus pais polos ataques de ansiedade e pánico que tiña en verán, tiven que ir a Urxencias en varias ocasións porque eu experimentaba que me estaba morrendo, pode parecer gracioso, pero é unha sensación inexplicable, ademais veía á xente irreal, como se todo fose unha película, raro a verdade. O medo á xente me impedía salir de saca en moitas ocasións, ata fai pouco vou conciándome e mellorando, con pequeñas "axudas" que non é preciso nombrar. A morte é algo igualitario para todos, pero a pesar de aceptar isto, non paro de pensar na forma, no momento, nas causas, no "despois"... Non hai día que no pense aínda que sea cinco minutos na miña morte, ás veces penso tanto que teño que intentar distraerme con calquer cousa, porque ó corazón láteme moi rápido y de forma moi esaxerada, e claro, despois de todo isto comezo a crear o círculo vicioso, empezo a preguntarme por qué vai o corazón tan rápido, se vou ter que ir a Urxencias, se o dor no peito é porque estou tendo un ataque no corazón...

É algo que falei moito con familiares, pero rara vez con amigos ou desta forma, ben por vergoña ou ben polas opinións alleas, estou facendo un esforzo para super este tipo de "timidez", pero cústame moito tocar este tema.

Xa superei a morte de todos os meus avós, e sinceramente sen case ningún problema, o cancro de pel superado con éxito do meu pai e demais. Agora estou vendo como morre o meu tío por un cancro de pulmón, é algo angustioso, ver como non ten pelo, as depresións que sofre, a quimioterapia... A pesares destas cousas, o que máis me marcou foi a morte da rapaza que xa citei noutros comentarios dos foros, é moi posible, case non dudo, de que fora pola idade, e porque a coñecía desde o colexio, ademais o seu irmán é amigo meu desde os oito anos.

Saúdos.
Re: Imaxina que... de Usuario eliminado -
Re: Imaxina que... de Usuario eliminado -
Re: Imaxina que... de Usuario eliminado -
Re: Imaxina que... de Usuario eliminado -