Estás na rúa, no instituto ou en calquer espazo público e derrepente caes no chan e non te volves a levantar, sexa por un infarto ou por calquer outra cousa. En conclusión, nunca pensáchedes na vosa morte? No momento en que podería acontecer? As circunstancias?
A miña experiencia ven desde fai dous anos, en octubre, a irmá de un amigo de toda a vida morreu de un momento para outro. Foi alumna do Instituto. Foi morte súbita, mentres estaba na Universidade. Desde aquel suceso a verdade é que a morte para min é outra cousa, fai tempo que lle teño moito medo a ésta, a como pode ser, cando, as causas... Ás veces ata experimento unha ansiedade moi forte por pensar tanto en iso. Son a única persoa á que lle ocurre ou ocurriu isto? O medo á morte, ás circunstancias... Estar sempre en alerta por calquer sensación física, ter que facer exercicios de relaxación ou distraerse para non pensar en iso.
E outra cuestión, qué preferides, morrer de un día para outro, ou vivir anos e anos con unha enfermidade dexenerativa, cun cancro, en cadeira de rodas inválido e sen saber cando vai a chegar o día, sufrindo...?
Espero opinións. Non sei se a miña explicación foi moi boa, pero podo matizar.