Jaime , eu penso que aínda que ti creas que a morte da túa amiga foi a situación máis dura que tiveches que afrontar, para ser unha persona tan nova, xa pasaches por bastantes circunstancias moi difíciles e cada unha delas coa correspondente carga de dor e sufriemento pola túa parte.
Todos pasamos por situacións de vulnerabilidade nas que é normal que precisemos de axuda para poder volver a recuperar un certo equilibrio. As aprendizaxes son sempre duras e longas e estamos a falar dunha aprendizaxe que a maioría das persoas rexeitan porque todos temos medo. Ese medo ninguén o vai suprimir. Por iso temos que encontrar os recursos que todos temos, aínda que non o saibamos porque nunca reflexionamos sobre estes temas, que nos vencellan á vida, que fan que a nosa vida particular teña sentido.
Eu vouche recomendar a lectura dunha novela que fala dun neno que morre de cancro. Non é nada patetica, nin tampouco falsamente alegre nin moralizante. Fala de persoas vulnerables e feridas polo que entenden que é unha inxustiza. Fala de persoas profundamente desorientadas ante o feito ineludible da morte. Ou sexa de personas coma todos nós. Tamén fala das cousas que se aprenden neses momentos tan duros. É moi sicera e tamén, se o podo dicir, moi amena. Vaiche gustar. Se che animas pasa pola biblio...chámase "Esto no es justo"