Foro IMAXINA

Imaxina que...

Re: Imaxina que...

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

a verdad é que eu nunca me parei a pensar na miña morte nin como sería nin cando, aínda que é verdade que poda acontecer dun momento a outro e dunha maneira improbable. Podes ir pola rúa e que te de un infarto ou ben te caiga un ladrillo la cabeza e morras, podes estar comendo atragantarte e afogarte como te pasado moitas veces, podes subir a unha atraccion de feira e ter a mala pata de que haxa un cortocircuito o ser un neno e xogar cos teus amigos e que dun mal golpe te quedes no sitio. Habería miles de posibilidades polas que poderíamos morrer. A morte é algo que está ahí presente, día a día con nosco, ao día morren no mundo moitísimas persoas, pero eu penso... ¿ Compre estar pensando nela? E iso maneira de vivir? Para min a resposta é non, se vives pensando na morte non vives, é dicir, se tiveramos que protexernos de todo o que nos podería causar a morte non poderíamos vivir neste mundo, nin neste nin ningún. A vida sería unha angustia tremenda, un autentico sufrimento.
Pola contra a morte dos meus seres queridos si que preocupame máis, non vexo a morte dos meus pais por exemplo, nin se me pasa pensar en ela, pero iso xa é distinto cando miro cara ós meus avós ou máis incluso cara a miña bisavoa. Iso si produceme moita magoa. Moitas veces falando con Mauro sempre di: eu o que fago antes de sair de casa da miña avoa é darlle un bico por si acaso non a volvo a ver. E despois falame dos meus avós, e eu contéstolle: os meus avós non van morrer nunca, non, eles non.
No fondo é medo, medo a que iso poda pasar antes do previsto e nos pille por sorpresa.
A pesares de todas estas cousas a vida segue e iso non podemos evitalo.