Foro IMAXINA

Imaxina que...

Re: Imaxina que...

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 5

Jaime, a min dáme medo a morte. A miña e a dos meus.

O medo non é malo, é un mecanismo do suxeito para estar alerta. Pero se o medo nos impide actuar, fainos perder o control da situación converténdonos en obxectos entón é cando hai que tomar precaucións. Para empezar eu creo que estás a facer algo moi importante para superar os teus problemas que é ter a coraxe de verbalizalos, sacalos á luz, compartilos, ese é o mellor modo de normalizar cada unha desas vivencias.

Cómpre que fales, ti e tod@s, destes temas na casa, cos teus familiares e amigos (por suposto aquí, nestes foros), que saiban o que non quererías para o teu proceso de morrer, e o que che gustaría que fixeran, que saibas o que eles, os teus, desexan e o que non quixeran soportar.

Pablo Astor ten dito nalgunha entrada que o peor é ter que lamentar non ter dito os sentimentos a tempo, estou con el.

Non sei que opina Charo e os demais participantes.

En canto ao da maneira de morrer, seguro que hai mil que me espantan, as que son froito de enfermidades dexenerativas, por exemplo, ou situacións angustiosas que podo imaxinar, soa, atrapada entre escombros .... Pero posiblemente non somos quen de escoller as circunstancias en xeral, polo que non paga a pena atormentarse, pero SI PODEMOS ESCOLLER dentro duns límites o que non queremos que nos fagan e diso si que hai que falar, considero útil ter previstas unha serie de instrucións para os demais no caso de que eu non poida decidir no momento, por exemplo eu non desexo que prolonguen a miña vida biolóxica, cando xa estou morta como persoa.

Falar disto é unha maneira de codearse amigablemente coa morte sen desperdiciar a vida.

Re: Imaxina que... de Usuario eliminado -
Re: Imaxina que... de Usuario eliminado -
Re: Imaxina que... de Usuario eliminado -
Re: Imaxina que... de Usuario eliminado -
Re: Imaxina que... de Usuario eliminado -